Compartir:

Blog

O DÍA 16 CONTINUAMOS COA ACTIVIDADE DO PROGRAMA DE EDUCAIÓN FAMILIAR E SOCIALIZACIÓN PARA A DIVERSIDADE

XA PODES MERCAR O CALENDARIO DE ALOUMIÑOS

Aquí algún dos colaboradores que xa son punto de venda "oficial" dos nosos calendarios, mooooooooitas grazas pola acollida que está tendo, estes son algúns puntos de venda mais que polo de agora temos en marcha, pronto haberá mais ...

PRESENTACIÓN Á PRENSA DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR E SOCIALIZACIÓN PARA A DIVERSIDADE

Desde Aloumiños, despois de semanas de intenso traballo, temos o pracer de comunicarvos a posta en marcha desta importante iniciativa que marca o rumbo das accións que a nosa entidade inicia e tamén tenta poñer en marcha un intenso proceso de formación e información ás familias sobre todos os temas nos que incidimos en cada unha das accións do programa.A presentación a medios terá lugar o vindeiro mércores 17 de decembro ás 11:00 h. no Rectorado da UDC e contará coa presenza de :- Rector da Universidade- Vicerrectora - Presidenta de Aloumiños- Alcalde de Carballo- Director do Grupo de Investigación en Psicoloxía do Desenvolvemento e da Aprendizaxe Escolar- Directora do Colexio de Logopedas- Presidenta da Asociación Galega de Terapeutas OcupacionaisAdxuntos podedes ter acceso ao cartel resumo das actividades así como a unha nota de prensa onde se ofrece infomración máis polo miudo dos poñentes e dos propios eventos.Saúdos

Asamblea Xeral o 13 de decembro

Estimadas amigas e amigos,Coa presente queremos informarvos da asamblea xeral de socios da Asociación Aloumiños que terá lugar o vindeiro sábado día 13 de decembro na segunda planta do Pazo da Cultura de Carballo ás 17:00h en primeira convocatoria e ás 17:30h en segunda.

asamblea