Inicio / Axenda
Compartir:

Axenda

HIDROTERAPIA - PODER E DIVERSIÓN NA AUGA

Data: HIDROTERAPIA

VI CARREIRA ENKI - GALICIA 2019

"PONTE NO MEU SITIO" - Percorridos colectivos

Desde Aloumiños e Íntegro iniciamos esta nova actividade inclusiva e solidaria na que todos os axentes sociais compartan con nós o que pode significar o percorrido diario ou un paseo polos nosos concellos; para entre todos de xeito conxunto, poidamos sinalar os puntos ou zonas sensibles de ser melloradas ou aquelas accións necesarias por desenvolver.O noso obxectivo non é outro que facer partícipes a todo o conxunto da veciñanza, desde entidades locais ata os grupos políticos do goberno municipal; porque cremos que é a mellor maneira de comprender as dificultades que moitos de nós temos na vida diaria, nos traxectos cotiás ou cando pretendemos pasear e desfrutar dos nosos concellos.“PONTE NO MEU SITIO” será unha actividade tamén participativa, aqueles que queiran poderán facer parte do percorrido en cadeiras de rodas, cos ollos tapados ou simplemente acompañándonos e compartindo as nosas impresións e emocións.Desde as nosas entidades confiamos en que todo pode ser posible se hai empatía e vontade; ademais da obrigatoriedade, xa que coñecendo de preto, compartindo momentos, é o único xeito de identificar as carencias e necesidades dos demais colectivos, tamén veciños do municipio.É por este motivo que vós convidamos a participar entre todos deste tempo xuntos e pedirvos por un momento que vos “poñades no noso sitio”, de seguro será un tempo gratificante do cal todos e todas aprenderemos máis de nós mesmos coma sociedade que quere mellorar e converter os nosos concellos en lugares accesibles onde poidamos sentirnos que todos contamos.

Data: "PONTE NO MEU SITIO" - Concello de Laxe