Inicio / Quen somos
Compartir:

Quen somos

Somos un grupo de pais e nais da Costa da Morte que coincidiamos en diversas consultas públicas e privadas, que nos cruzabamos e falabamos pola rúa e que decidimos dar un paso adiante e xuntarnos para poñer en marcha esta entidade.

Segundo todos os indicadores sociolóxicos, en Carballo, Bergantiños e na Costa da Morte os índices de familias con necesidades dos servizos que desde a nosa asociación plantexamos, están un pouco por enriba dos parámetros do resto de Galicia.

Tendo en conta o número de nenos e nenas da nosa zona con apoios específicos nos centros de ensino, os atendidos nos servizos hospitalarios de infantil da Coruña e de Santiago, ademais dos datos cos que contan os servizos sociais dos distintos concellos e da lei de dependencia, queda claro que todas as accións propostas neste documento son máis que necesarias e veñen a cubrir un baleiro demandado.

 

ESTE É O NOSO PROXECTO E A NOSA VISIÓN

1.- MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DOS ASOCIADOS, conciliación familiar, atención e servizos na nosa zona, …

2.- INTERVENCIÓN, queremos contar cun “equipo base” de orientación, psicoloxía, fisioterapia, logopedia, entre outros tratamentos particulares, específicos, puntuais ou/e limitados no tempo.

Cada un dos nosos fillos debería de ter un expediente único e centralizado, controlado por especialistas que o poidan defender diante de organismos de sanidade, traballo, educación, económicos, etc.

3.- FORMACIÓN e INFORMACIÓN para profesionais, pais e nais e para a poboación en xeral.

4.- SENSIBILIZACIÓN da poboación.

5.- Crear un PUNTO DE ENCONTRO a onde as familias se poidan dirixir.