Para unha persoa relacionada de algún xeito coa discapacidade o poder asistir a un foro deste nivel é dun grande interese, e así se demostrou o pasado ano, ademais dunha asistencia moi grande aos actos tamén puidemos palpar o interese e incluso a necesidade de que especialistas respondan a preguntas que a nós sempre nos fixemos e compartir medos e situacións do día a día, dándote conta que non che están a pasar so a ti, se non que é algo que alguén xa viviu antes e que virá xente detrás que lle vai a pasar o mesmo.
O programa desenvolverá 7 actividades entre o vindeiro 26 de febreiro e o 17 de xuño.
Desde Aloumiños cremos que a información e o coñecemento é fundamental para que as familias poidan acometer as diferentes enfermidades dun xeito o mais adecuado posible, si ademais a todo isto lle sumamos profesionais dun altísimo nivel e recoñecemento, fan deste programa un reto para todos os membros da nosa entidade. Para afrontar este reto levamos un gran compañeiro de viaxe, a Facultade de Psicoloxía Evolutiva da Universidade da Coruña, sen os cales loxicamente non sería posible.
COMO E ONDE
Os actos desenvolveranse os venres no Forum Carballo ás 19:30 h. . Para mais información na web www.asociacionalouminhos.org .
A QUEN VAI DIRIXIDO
Calquera familiar ou persoa interesada poderá achegarse ás actividades programadas para os venres, que como se pode ver teñen temáticas de todo tipo.
COMO ASISTIR
Os actos do venres no Forum Carballo son abertos ao público ata cubrir aforo.