Inicio / Blog / Blog / ALOUMIÑOS PON EN MARCHA O 3º “PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR E SOCIALIZACIÓN PARA A DIVERSIDADE”
Compartir:

ALOUMIÑOS PON EN MARCHA O 3º “PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR E SOCIALIZACIÓN PARA A DIVERSIDADE”

Este ano o noso programa conta con un gran número de novidades, a primeira é que se extende a programación por 7 concellos da Costa da Morte.

Laxe, Coristanco, Cabana, A Laracha, Vimianzo, Malpica e Carballo será a sede das 7 actividades previstas desde este mesmo mes de novembro ata o mes maio, un acto por mes que esperamos sexa de interese para as familias ou persoas relacionadas ou interesadas por mellorar a vida das persoas con necesidades específicas,
Para unha persoa relacionada de algún xeito coa discapacidade o poder asistir a un foro deste nivel é dun grande interese, e así se demostrou nos dous anos anteriores, ademais dunha asistencia moi grande aos actos tamén puidemos palpar o interese e incluso a necesidade de que especialistas respondan a preguntas que a nós sempre nos fixemos e compartir medos e situacións do día a día, dándote conta que non che están a pasar so a ti, se non que é algo que alguén xa viviu antes e que virá xente detrás que lle vai a pasar o mesmo.
Desde Aloumiños cremos que a información e o coñecemento é fundamental para que as familias poidan acometer as diferentes afectacións dun xeito o mais adecuado posible, si ademais a todo isto lle sumamos profesionais dun altísimo nivel e recoñecemento, fan deste programa un reto para todos os membros da nosa entidade.
COMO E ONDE
Os actos desenvolveranse cada mes nun concello e darán comezo ás 19:30 h. e ás 20:00 h. abrirase un turno de consultas que sempre resulta moi interesante para que os asistentes poidan plantexar dubidas ou cuestións aos poñentes   . Para mais información na web www.asociacionalouminhos.org .
A QUEN VAI DIRIXIDO
Calquera familiar ou persoa interesada poderá achegarse ás actividades programadas para os venres, que como se pode ver teñen temáticas de todo tipo.
COMO ASISTIR
Os actos son abertos ao público ata cubrir aforo.



A PROGRAMACIÓN E OS POÑENTES

Como podedes ver, comezamos cunha ponencia do Doutor Ángel Carracedo, este eminente xenetista achegarase unha vez máis a unha actividade organizada por Aloumiños, o cal queremos agradecer. Sempre é de moita utilidade escoitar ao profesor Carracedo polos seus coñecementos e sobre todo pola súa claridade de exposición, algo de agradecer en alguén tan ocupado e que traballa ao nivel máis alto da xenética a nivel mundial, polo que para Aloumiños contar cunha persoa que tanto está a facer por axudar e aclarar moitas das afectacións que ata fai pouco era impensable saber de onde podían vir é un orguio.



Descargas