Este é un proxecto que vai moito mais alá da discapacidade, o proxecto educativo "Calendario de Valores" pretende cubrir tamén outros valores relacionados coa educación dos nosos nenos e nenas para ser mellor persoas.
Desde Aloumiños somos conscientes de que a transformación da sociedade pasa pola educación en valores das novas xeracións, por eso presentamos un calendario no que cada mes se traballará un valor, para iso no calendario haberá unha imaxe que resume o valor dese mes e un conto que pretendemos faga reflexionar aos mais cativos sobre ese valor concreto.
A nosa intención é que esta ferramenta chegue a todas as aulas e a todos os fogares de Galicia, para que profesores e pais poidan ter un medio para tratar e mellorar os valores entre os mais novos.
SOLIDARIEDADE, RESPECTO, EMPATÍA, IGUALDADE, AMIZADE, PREVENCIÓN DA VIOLENCIA, XUSTIZA, CIVILIDADE, RESPONSABILIDADE, HONESTIDADE, ALTRUISMO E PERDÓN, eses son os valores traballados neste ano.