É para nós un inmenso pracer poder comunicarvos a posta en marcha dun proxecto destas dimensións, un proxecto que comezará o vindeiro 19 de decembro e rematará o 17 de abril, e que desenvolverá 12 actividades ademais dos obradoiros para pais de nenos e nenas con TEA.
Desde Aloumiños cremos que a información e o coñecemento é fundamental para que as familias poidan acometer as diferentes enfermidades dun xeito o mais adecuado posible, si ademais a todo isto lle sumamos profesionais dun altísimo nivel e recoñecemento, fan deste programa un reto para todos os membros da nosa entidade. Para afrontar este reto levamos un gran compañeiro de viaxe, a Facultade de Psicoloxía Evolutiva da Universidade da Coruña, sen os cales loxicamente non sería posible.
COMO E ONDE
Os actos desenvolveranse os venres no Forum Carballo ás 19:30 h. Os sábados 10, 17, 24 e 31 de xaneiro, 14 e 21 de febreiro, 7, 14, 21 e 28 de marzo haberá obradoiros para pais e nais de nenos e nenas con TEA na Biblioteca do Rego da Balsa, para asistir deberanse inscribir antes do 9 de xaneiro na web www.asociacionalouminhos.org.
A QUEN VAI DIRIXIDO
Calquera familiar ou persoa interesada poderá achegarse ás actividades programadas para os venres, que como se pode ver teñen temáticas de todo tipo. Os obradoiros dos sábados están dirixidos a realizar obradoiros prácticos que sirvan ás familias afectadas de TEA.
COMO INSCRIBIRSE
Os actos do venres no Forum Carballo son abertos ao público ata cubrir aforo, pero para os talleres do sábado pregamos que todas as familias que desexen asistir se anoten antes do 9 de xaneiro na nosa web www.asociacionalouminhos.org .
A PROGRAMACIÓN E OS POÑENTES
:: 19 de dicembro de 2014 no Pazo da Cultura
19:30 h. Inauguración _ Asistirá Don Evencio Ferrero, Excmo. Alcalde de Carballo; Dona Mª Dolores Candedo Gunturiz, Adxunta ao Vicerreitor de títulos, calidade e novas tecnoloxías da UDC; Dona María Becerra Trigo, Presidenta da Asociación Aloumiños; Don Manuel Peralbo Uzquiano, Director do Grupo de Investigación en Psicoloxía do Desenvolvemento e da Aprendizaxe e da Aprendizaxe Escolar da UDC.
20:00 h. A Parálise Cerebral Infantil: etioloxía/diagnóstico e intervención _ Pamela Cundíns _ Logopeda de ASPACE e Sandra Mosquera Paredes _ Educadora Social, Psicopedagoga, máster en Psicoloxía Aplicada)
:: 9 de xaneiro de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo
Mónica Vilameá Pérez e Iria Botana Lois _ Logopedas e profesoras asociadas da UDC _ TEA: etioloxía / diagnóstico / tratamento / curso do trastorno.
:: 16 de xaneiro de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo
Montserrat Durán Bouza _ Profesora Titular de Personalidade, evaluación e Tratamentos Psicolóxicos) e Juan Carlos Fernández Méndez _ Psicólogo do gabinete Cambio e profesor Asociado da Universidade de Coruña _ Control de comportamento e socialización no contexto familiar.
:: 23 de xaneiro de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo
Iria Botana Lois e Mónica Vilameá Pérez _ Logopedas e profesoras asociadas da UDC) _ A atención temprana: a súa importancia no diagnóstico e tratamento precoz das alteracións do desenvolvemento.
:: 30 xaneiro de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo
Silvia López Larrosa _ Profesora Titular de Psicoloxía Evolutiva e da Educación dea UDC _ Como afectan os trastornos do desenvolvemento á vida da parella.
:: 13 febreiro de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo
Manoel Baña Castro _ ÂÂ Profesor Titular de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da UDC _ Inclusión social, educativa e calidade de vida das persoas con alteracións do desenvolvemento.
:: 20 febreiro de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo
Manuel García Fernández _ Profesor Titular de Psicoloxía Evolutiva e da Educación _ Apego e trastornos do desenvolvemento.
:: 6 marzo de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo
Andrea Alonso Cadavid _ Presidenta da Asociación Profesional Gallega de Terapeutas Ocupacionales (APGTO) _ Terapia ocupacional no fogar.
13 marzo de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo
Manuel Peralbo Uzquiano _ Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da UDC _ Calidade do medio ambiente familiar e desenvolvemento.
:: 20 marzo de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo
Alberto Veleiro Vidal _ Orientador do CEIP Sofía Casanova _ Etioloxía, diagnóstico e tratamento do TDAH.
:: 27 marzo de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo
Pilar Vieiro Iglesias _ Profesora Titular de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da UDC _ Dislexia: diagnóstico e tratamento.
:: 8 de abril de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo
Ángel Carracedo Álvarez _ Catedrático de Medicina Legal e director do Grupo de Medicina Xenómica da USC _ As enfermidades “raras”: problemas e perspectivas de futuro.
:: 17 de abril de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo
Conferencia de Clausura _ Ana Iglesias Galdo _ Decana da Facultade de Ciencias da Educación da UDC _ Inclusión educativa : tolerancia cero ó fracaso escolar.
Contaremos con servizo de canguraxe en todas as actividades.
Grazas por anticipado pola difusión deste, para nós, importantísimo proxecto.
Para mais información sobre os temas tratados asociacionalouminhos@gmail.com, www.asociacionalouminhos.org ou no 608 841 757 .