Estimadas amigas e amigos,Coa presente queremos informarvos da asamblea xeral de socios da Asociación Aloumiños que terá lugar o vindeiro sábado día 13 de decembro na segunda planta do Pazo da Cultura de Carballo ás 17:00h en primeira convocatoria e ás 17:30h en segunda.
ORDE DO DÍA:
1. Balance das actividades realizadas
2. Información sobre locais e colaboracións con entidades
3. Presentación das actividades previstas para os vindeiros meses
4. Cambios na Xunta Directiva
5. Rogos e preguntas.
Este acto está aberto a todas as persoas interesadas en saber o que estamos a facer ou que teñan algo que aportar.