Onte finalizou o primeiro taller de Lingua de Signos que organizamos.
Moitas grazas #AEscoliñadeRicardo por impartilo de forma excelente e a todas as persoas que asistiron, esperando que fose de aproveitamento para todas elas.
Se estades interesados en participar nunha nova edición, podedes escribirnos a asociacionalouminhos@gmail.com ou chamando al 604028730
Este é un proxecto educativo que pretendemos poida estar presente en todas as aulas e casas de Galicia, xa que é un calendario que cada mes ten unha imaxe e un conto que trata un valor.
Este ano o noso programa conta con un gran número de novidades, a primeira é que se extende a programación por 7 concellos da Costa da Morte.
Laxe, Coristanco, Cabana, A Laracha, Vimianzo, Malpica e Carballo será a sede das 7 actividades previstas desde este mesmo mes de novembro ata o mes maio, un acto por mes que esperamos sexa de interese para as familias ou persoas relacionadas ou interesadas por mellorar a vida das persoas con necesidades específicas.