Desde Aloumiños, despois de semanas de intenso traballo, temos o pracer de comunicarvos a posta en marcha desta importante iniciativa que marca o rumbo das accións que a nosa entidade inicia e tamén tenta poñer en marcha un intenso proceso de formación e información ás familias sobre todos os temas nos que incidimos en cada unha das accións do programa.A presentación a medios terá lugar o vindeiro mércores 17 de decembro ás 11:00 h. no Rectorado da UDC e contará coa presenza de :- Rector da Universidade- Vicerrectora - Presidenta de Aloumiños- Alcalde de Carballo- Director do Grupo de Investigación en Psicoloxía do Desenvolvemento e da Aprendizaxe Escolar- Directora do Colexio de Logopedas- Presidenta da Asociación Galega de Terapeutas OcupacionaisAdxuntos podedes ter acceso ao cartel resumo das actividades así como a unha nota de prensa onde se ofrece infomración máis polo miudo dos poñentes e dos propios eventos.Saúdos
Estimadas amigas e amigos,Coa presente queremos informarvos da asamblea xeral de socios da Asociación Aloumiños que terá lugar o vindeiro sábado día 13 de decembro na segunda planta do Pazo da Cultura de Carballo ás 17:00h en primeira convocatoria e ás 17:30h en segunda.
Na Costa da Morte estamos dando os primeiros pasos para a constitución da comisión NEAE, co obxectivo de colaborar na necesaria e verdadeira inclusión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo nos centros de ensino.Certo é que a creación deste grupo pode considerarse non urxente, pois nunca existiu tal colectivo nas nosas comarcas pero, desde o punto de vista da Federación de ANPAs da Costa da Morte e da asociación Aloumiños, si é necesario e importante.
É para nós un inmenso pracer poder comunicarvos a posta en marcha dun proxecto destas dimensións, un proxecto que comezará o vindeiro 19 de decembro e rematará o 10 de abril, e que desenvolverá 12 actividades ademais dos obradoiros para pais de nenos e nenas con TEA.
Desde Aloumiños cremos que a información e o coñecemento é fundamental para que as familias poidan acometer as diferentes enfermidades dun xeito o mais adecuado posible, si ademais a todo isto lle sumamos profesionais dun altísimo nivel e recoñecemento, fan deste programa un reto para todos os membros da nosa entidade. Para afrontar este reto levamos un gran compañeiro de viaxe, a Facultade de Psicoloxía Evolutiva da Universidade da Coruña, sen os cales loxicamente non sería posible.