Inicio / Blog
Compartir:

Blog

Aimará Moreno Osío

TERAPIA JKA e FELDENKRAIS con AIMARÁ MORENO

Remataron as primeiras sesions intensivas do Método Feldenkrais, foron días de novas experiencias, de novas sensacions e dun espertar nas nosas nenas e nenos, e tamén das familias que compartimos tempo con eles nese tempo.
Agradecemos moitísimo a Aimará Moreno a súa profesionalidade e trato exquisito; foi capaz de transmitir confianza e coñecementos a todos para que sentíramos que estabamos dando novos pasos nun camiño que, sen dúbida, vainos permitir crecer e mellorar.
A todas as familias que participaron, grazas, por confiar en Aloumiños que é a vosa casa, é o noso obxectivo ofertar alternativas que sumadas poidan axudarnos na procura de avanzar; formamos unha gran familia onde todos teñen algo que aportar e onde entre todos dámonos apoio.
Aimará voltará en novembro para continuar traballando, agardamos poder sumar máis familias e seguir formando parte das vosas vidas!

feldenkrais, aimará, terapia, jka, aloumiños

MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE NA ESCOLA

ingada mestres aloumiños biblioteca

Cartel IncluSon

FESTIVAL INCLUSON

O día 21 de Febreiro do Pazo da Cultura, Aloumiños en colaboración co Concello de Carballo organiza a primeira edición do Festival IncluSON.

incluson carballo aloumiños

Cartel Masterclass Zumba Aloumiños

MASTERCLASS SOLIDARIA DE ZUMBA

Playmakers e Aloumiños organizan esta Master Class de Zumba en colaboración do Concello de Carballo.
O vindeiro 9 de febreiro, martes de antroido, ás 12:00 H. no Pavillón Vila de Noia.
Tódolos beneficios recaudados serán donados á Aloumiños de Carballo.
 

ZUMBA ALOUMIÑOS PLAYMAKERS CARBALLO