Inicio / Blog
Compartir:

Blog

CONCÉDENNOS O PREMIO ROSALÍA

A Federación de Ampas da Costa da Morte vennos de conceder o Premio Rosalía pola defensa do Ensino Público ... Estamos moi contentas e agradecidas, e danos moitos ánimos de seguir traballando pola inclusión dos nosos nenos e nenas, grazas, mooooooitas grazas ...

premio federacion ampas costa da morte

PRIMEIROS PASOS DA COMISIÓN NEAE COA FEDERACIÓN DE ANPAS DA COSTA DA MORTE

Na Costa da Morte estamos dando os primeiros pasos para a constitución da comisión NEAE, co obxectivo de colaborar na necesaria e verdadeira inclusión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo nos centros de ensino.Certo é que a creación deste grupo pode considerarse non urxente, pois nunca existiu tal colectivo nas nosas comarcas pero, desde o punto de vista da Federación de ANPAs da Costa da Morte e da asociación Aloumiños, si é necesario e importante.

ampas, neae