Remataron as primeiras sesions intensivas do Método Feldenkrais, foron días de novas experiencias, de novas sensacions e dun espertar nas nosas nenas e nenos, e tamén das familias que compartimos tempo con eles nese tempo.
Agradecemos moitísimo a Aimará Moreno a súa profesionalidade e trato exquisito; foi capaz de transmitir confianza e coñecementos a todos para que sentíramos que estabamos dando novos pasos nun camiño que, sen dúbida, vainos permitir crecer e mellorar.
A todas as familias que participaron, grazas, por confiar en Aloumiños que é a vosa casa, é o noso obxectivo ofertar alternativas que sumadas poidan axudarnos na procura de avanzar; formamos unha gran familia onde todos teñen algo que aportar e onde entre todos dámonos apoio.
Aimará voltará en novembro para continuar traballando, agardamos poder sumar máis familias e seguir formando parte das vosas vidas!