Inicio / Cursos - Actividades / HIDROTERAPIA - PODER E DIVERSIÓN NA AUGA
Compartir:

HIDROTERAPIA - PODER E DIVERSIÓN NA AUGA

Do 05-10-2019 ao 27-06-2020
Estado: Aberto | Categoría: Cursos.

HIDROTERAPIA: PODER E DIVERSIÓN NA AUGADESCRIPCIÓNTrátase dunha actividade acuática para socios e socias da entidade, será unha actividade terapéutica e lúdica que complementa o tratamento fisioterapéutico das persoas con diversidade funcional.DURACIÓN: SÁBADOS POLA MAÑAN - Desde outubro do 2019 ata abril do 2020.A hidroterapia é unha rama da hidroloxía que ocúpase das aplicacións exteriores da auga sobre do organismo humano con fins terapéutico, realizando exercicios de cinesiterapia asistida o activa asistida co fin de potenciar músculos ou grupos musculares.Ademais pódense aproveitar outros efectos relaxantes ou estimulantes para o organismo, combinando as propiedades térmicas coas do movemento.OBXECTIVOFavorecer o desenvolvemento físico e psíquico da persoa mediante un traballo de percepción do seu propio corpo e das súas posibilidades no medio acuático.PROGRAMA ACUÁTICO TERAPÉUTICOPara iniciar o programa realízase unha valoración da persoa a tratar e organízanse os obxectivos que tentarán acadar; no caso de nenos e nenas esta valoración será xuntos aos seus familiares; tamén terán en conta o prazo de tempo necesario para acadalos.Por parte da equipa de terapeutas ofrecerán asesorías sobre dos diferentes problemas e coidados a ter en conta para realizar a actividade, o programa pode ser deseñado segundo as diferentes patoloxías ou idade da persoa; para deste xeito converter esta actividade nun espazo lúdica á vez que terapéutico.O descubrimento dun novo espazo acuático e o contacto co material provoca a experimentación de novas sensacións que inducen á formación dunha unión entre a persoa e o medio, a percepción do esquema corporal permitirá ter maior confianza en un mesmo e nas súas propias posibilidades de expansión nun medio singular, húmido e divertido coma a auga.Todo isto favorece o recoñecemento do corpo o cal intensifica as funcións aumentando as posibilidades de resposta motriz e sensorial.ASPECTO PSICOMOTORHai que ter en conta as características particulares de cada un e rexeitar a idea de marcar metas a longo prazo, a función do terapeuta será a de valorar e reforzar individualmente os procesos e dificultades que poidan xurdir, guiando aos pacientes e os seus acompañantes.ASPECTO LÚDICO – SOCIALA terapia acuática ademais de aportar pracer e favorecer a integración do grupo tamén axuda ás persoas a adquirir confianza nas súas posibilidades corporais dentro dun medio de movemento no que a gravidade non intervén.Os pacientes poderán desfrutar dun control libre de amplitude de movemento sen unha esixencia específica dentro dun entorno social.ASPECTO TERAPÉUTICO As forzas coas que unha persoa con discapacidade motriz debe enfrontar no medio acuático son mínimas e por tanto poden ser máis doadas de controlar que en gravidade constante.A experiencia de movemento que lle proporciona a auga tradúcese en movementos lentos, que poden ser predecibles, o que proporciona unha experiencia sensomotriz máis rica e sen gravidade constante, para acadar estabilidade, equilibrio, coordinación, mobilidade, disociación de movementos, flotación, relaxación, desprazamentos, etc.É importante o tipo de suxeición e soporte que se lle proporciona á persoa, asi coma tamén as manipulacións. CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMASESIÓNS: 1 sesión semanal, sábados pola mañaDURACIÓN: de outubro de 2019 a xuño de 2020LUGAR: Piscina municipal do Pavillón de Vila de NoiaA CARGO DE TERAPEUTAS DA CLÍNICA DIEGO PÉREZCUOTA SOCIOS: 15€/mesNO SOCIOS: 30€/mesPosibilidade de contar con voluntarios/as para realizar tarefas de acompañamento previa reserva e tamén posibilidade de vir acompañado dun familiar sen coste engadido.COLABORACIONS: Concello de Carballo